Recollendo do patrimonio común aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización política, explicitamos como obxetivos da Fronte Obreira Galega os seguintes: Principios Programaticos LOITA de clase: A Fronte Obreira Galega é unha organización política que afirma, día a día, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses inmediatos e xerais da clase traballadora galega na perspectiva da transformación social. Nacionalismo: A Fronte Obreira Galega definese como unha organización política nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberanía política, ao servizo dos intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberanía e o exercicio do dereito de autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independencia e autonomía, reclamámonos parte do movemento nacionalista galego. Autoorganización: Entendendo que ningún dos principais problemas de Galiza se pode resolver favorablemente aos intereses do noso pobo se este non toma consciencia da súa identidade e traduce esa consciencia en organizacións propias e soberanas, a Fronte Obreira Galega é expresión da autoorganización da clase obreira galega. Solidariedade e internacionalismo: A Fronte Obreira Galega, atraverso do seu traballo en diversas organizacións e a traverso de si mesma, garante a unión e solidariedade da clase traballadora con independencia do sector en que ocupen as súas actividades, do territorio onde vivan ou das diferencias e atrancos que podan existir. Así mesmo, estamos vencellados á loita común dos traballadores e das traballadoras do mundo pola súa completa emancipación e ás dos pobos que loitan pola súa liberación nacional. Democracia e participación: A Fronte Obreira Galega entende a democracia como valor universal. Garante a igualdade de dereitos da súa afiliación, asegura o funcionamento democrático de todos os seus órganos de dirección e elixe todos os seus cargos democraticamente. Fomenta a participación e as asembleas de afiliados e afiliadas, así como as dos traballadores e traballadoras, como método para evitar o individualismo, o corporativismo e a burocracia, e como unha maneira de facilitar a coresponsabilidade nos debates e na toma de decisións. Independencia: A Fronte Obreira Galega é independiente e soberana na toma de decisións. Autogovernase e non está suxeita a control de ningún grupo de poder económico, ideolóxico ou relixioso. Pluralismo: A Fronte Obreira Galega é unha organización política de esquerdas e plural, respeta e fai respetar a liberdade interna e a diversidade de opinións políticas tanto individuais como colectivas, garante a liberdade de expresión e pensamento sen restriccións de ningunha clase, e cumpre e fai cumprir os estatutos dos que libre e voluntariamente se dota. Transformación: A Fronte Obreira Galega e unha organización política transformadora. Para mellor defender e facer realidade os seus obxetivos, participa na vida sociopolítica e fomenta, así mesmo, a participación máis activa da súa afiliación. Unidade: A Fronte Obreira Galega persegue a máis completa unidade da clase traballadora galega. Así mesmo, propiciará a máis ampla e posible unidade de acción política, social e sindical para acadar os obxetivos fixados. Normalización: A Fronte Obreira Galega expresase en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza, abogando polo seu uso en todas as situacións da vida cotiá. http://fogagaliza.blogspot.com/2010/07/obxetivos-e-pricipios-da-fronte-obreira.html
Quinta-feira, Julho 22, 2010
Obxetivos e pricipios da Fronte Obreira Galega
Obxetivos
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)






0 comentarios:
Enviar um comentário