domingo, abril 22, 2018

Amarelo para o Rei


"É futbol, só futbol e o futbol non se debe politizar." Non, é uhna cuestión relativa aos dereitos fundamentais do ser humano que é a liberdade de expresión, mais ainda cando o que se reclama é a LIBERDADE. Isto ten que estar por riba de calqueira outro concepto ou formalidade, pois si así non acontece pode pasar como no Mundial de Futbol de Arxentina 78. O 25 de xunio de 1978 no estadio Monumental de Bos Aires, a selección Arxentina gaña o Mundial ante os Paises Baixos por 3 a 1. Mentres tanto, a mesma hora na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), a pouco mais dun km do estadio, se tortutaba ata a morte a disidentes políticos. Pero era futbol, só futbol. Mellor foi non habelo politizado.



sexta-feira, abril 20, 2018

Rocket Man

Na súa propia interpretación do éxito icónico de Elton John, e o cineasta iraniano e refuxiado Majid Adin volve imaxinar a "Rocket Man" para contar unha nova historia de aventura, soidade e esperanza.




sexta-feira, abril 06, 2018

MAÑANA PUEDES SER TU


Mass Media


No 1898 hespaña perde Cuba, Puerto Rico e Filipinas. E como pasou daquela, ahora os hespañois non entienden nada. Os seus medios lles teñen enganado masivamente e non son capaces de darse de conta. Demasiada dor.



segunda-feira, dezembro 24, 2012

Os escravos galegos



A sinistra idea de traer galegos a Cuba para substituír con eles aos escravos negros tomou rumbo cando en 1854 aprobouse nas Cortes Españolas o referido plan de colonos galegos, impulsado por un tal Urbano Feijoo y Sotomayor, deputado en Cortes pola provincia de Ourense.

Por suposto, con esa empresa esperábase sacar boa tallada, aínda a costa de enganar aos seus propios paisanos, aproveitando a miseria destes.

O proxecto da inmigración galega foi aprobado en 1854, e Feijóo obtivo "o privilexio de transportar traballadores libres, por períodos de cinco anos, que se manterán baixo a vixilancia das autoridades".

E agrégase que estas "velarán de que aos inmigrantes págueselles o pasaxe, tres camisas, un pantalón, unha blusa, un chapeu de yarey e un par de zapatos, dúas veces ao ano, e de que non se lles pague menos de seis pesos ao mes, e que se abone o pasaxe de regreso".

Tamén se consigna que ao chegar á Illa os inmigrantes serán recibidos pola empresa en locais convenientes, preparados no campo para a aclimatación.

Ata aquí todo estaba ben. Pero… iso era o que dicía o papel, a realidade sería moi diferente.

O status xurídico con que chegaban eses peninsulares aquí impedía a deserción de contrata.

E iso dende un principio daba mala espiña.

Para rematar, o colono establecía baixo rúbrica a seguinte cláusula: “confórmome co salario estipulado, aínda que sé e cónstame que é moito maior o que gañan os xornaleiros libres da Illa de Cuba; porque esta diferenza xúlgoa compensada coas outras vantaxes que vai proporcionarme o meu patrón…”

Aquilo era un abuso. O soldo fixado para os galegos era de seis pesos mensuais, en tempos en que un escravo negro alugado custaba 20 ó 25.

Como era de esperar, desde o momento mesmo da chamada “climatización” comezaron os problemas, que deron lugar ao incrible: galegos “cimarrones” en Cuba.

Logo do seu arribo a Cuba, os colonos galegos debían cumprir a chamada etapa de aclimatación nos barracóns, pero o atropelo foi tan grande desde o inicio, que alí mesmo, nun dicir amen, producíronse sublevacións.

Moitos dos contratados escaparon. Uns fuxiron aos campos. Outros pasaron a traballar ilegalmente en comercios e industrias urbanas.

O asunto complicábase. Como non había “rancheadotes” para cazar a estes europeos, a cousa púxose fea, e houbo que mobilizar ata ao mesmo exército para capturar aos colonos peninsulares fuxidos.

Aquilo foi moi grande. Ata se deu ao caso, nalgúns sitios, de enviar aos colonos brancos ao cepo! da mesma forma que se lle facía ao negro.

Cóntase que así lle sucedeu ao “traballador peninsular Andrés Mosquera da brigada de la Calzada de Jesús del Monte por habelo atopado pedindo esmola…”, logo de desaparecer por varios días.

O castigo? …enviado ao “cepo todalas horas de descanso por seis días e pola noites e por espazo dun mes todos os días que non sexan de traballo…”.

Logo de varios escándalos e feitos de sangue, unha comisión establecida para “tratar a trata” ditaminou o 18 de xuño de 1855 a liberalización do compromiso contraido polos colonos galegos.

As penalidades, con todo, non desanimaron a estes humildes homes chegados desde Galiza, que na súa gran maioría decidiron permanecer en Cuba, á que lle dedicaron os seus maiores esforzos.

Xusto é recordar hoxe a eses laboriosos peninsulares, con estas palabras de José Martí:

Todo traballo é santo e cada produtor unha raíz, e ao que traia traballo útil e agarimo veña de terra fría ou quente, háselle de abrir un oco ancho, como unha árbore nova”.

http://www.habanaradio.cu/singlefile/?secc=12&subsecc=25&id_art=20070824151343

quinta-feira, novembro 29, 2012

Democracia Formal



A democracia, a liberdade está a morrer? Non, se acaso estamos deixándoa morrer. Queren que pensemos que democracia é votar aos nosos representantes cada catro anos. De feito é o que eles queren, que votemos. Si. Cada catro anos. E que logo esteamos ben caladiños. Que non digamos nada. Que aturemos todo o que nos boten. A fin de contas, é o que decidiu a “maioría”. Mais... non, non é así. Non poderemos votar cada catro anos, si. Pero logo, ao día seguinte de votar temos tamén dereito (e deber) de seguir opinando, falando, berrando, esixindo. Eles, os nosos “representantes” teñen o deber de escoitar e de facer o que nos lle digamos. Nós non firmamos un cheque en branco para que fagan e desfagan contra nós a súa vontade. Non, iso non é así.

Os partidos políticos tradicionais están mais preocupados en non perder a súa couta de poder que en escoitar os problemas reais da xente, de nós. A gran maioría dos políticos con responsabilidades de poder non teñen interese nin preocupación en tratar de traballar para ben de todas e todos nós. Eles preocúpanse de quedar ben co seu “superior” no aparato de partido. A fin de contas o seu ben estar persoal depende, non de que faga ben o seu traballo na cousa pública, si non que faga o que o seu “superior” mire mellor para os seus propios intereses, os dos seus achegados e ao fin e ao cabo aos intereses do ser partido. A súa couta electoral que fai que continúen mantendo os seus propios privilexios, iso que non lle lo toquen.

Xa está ben!! Temos que recuperar as rúas, día a día. Protestar e berrar cantas veces sexa necesario contra as inxustizas, a falta de liberdade e a eliminación de dereitos sociais e laborais. Van dicir que iso non vale para nada, que é unha perda de tempo. Mais tódolos dereitos e liberdades dos que gozamos hoxe en día e todos aqueles dereitos e liberdades que algún día gozamos e xa pedimos foron gañados na rúa. Nunca na historia da humanidade se nos concedeu un anaco de liberdade e de xustiza sen loita, nunca. Canto mais tardemos en remontar esta batalla, que nestes intres estamos a perder, mais tardaremos en gañala e mais esforzo vainos levar. Os sacrificios terán que ser maiores e nós e os nosos fillos non nos merecemos iso.

Nós decidimos o día das eleccións e ao día seguinte. Nós decidimos tódolos días e temos que preocuparnos ben de facelo. A nosa responsabilidade non remata na porta da nosa casa. A nosa responsabilidade colectiva sae pola porta de nosa casa e se expande polas rúas das nosas aldeas, vilas e cidades ata o ultimo anaco de terreo. Todo é responsabilidade nosa e non delegamos en ninguén. O nosos representantes so son as ferramentas que diariamente temos te utilizar, mais como calquera ferramenta cando non vai ben, ou non é a axeitada para un traballo, cambiámola. Non esperamos catro anos para iso, se cambia ao momento.

Temos que parar esta desfeita, xa. É urxente.

Fernando R. Dacosta.

sexta-feira, julho 13, 2012

O aplauso da morte.




Estábase celebrando na rexión de Moscova unha conferencia de distrito do partido. Moderábaa o novo secretario do Comité Rexional en substitución do que encarceraran recentemente.

Ao final da conferencia adoptouse unha resolución de fidelidade ao camarada Stalin.

Naturalmente, todos puxéronse de pé (como se puñan de pé, dun salto, cada vez que se mencionaba o seu nome no curso da conferencia). A pequena sala estoupou en «tumultuosos aplausos que desembocaron nunha ovación». Tres minutos, catro minutos, cinco minutos, e continuaban sendo tumultuosos e desembocando en ovación.

Pero as palmas das mans doían xa. Se entumecían os brazos levantados. Os homes maduros ían quedándose sen alento. Tratábase dunha estupidez insoportable ata para os que adoraban sinceramente a Stalin.

Pero quen sería o primeiro que se atrevería a parar? Podería facelo o secretario do Comité Rexional, que estaba na tribuna e que acababa de dar lectura á resolución. Pero el estreábase no posto e estaba en lugar do encarcerado, el tiña medo!

Na sala había membros do NKVD aplaudindo de pé e controlando quen paraba primeiro! E naquela pequena sala perdida, sen que chegasen ao líder, os aplausos facía seis minutos que duraban! Sete minutos! Oito minutos! Estaban perdidos! Eran homes mortos! Xa non podían parar ata que lles dese un ataque cardíaco!

No fondo da sala, polo menos, entre as aperturas, podíase facer trampa, podíase bater palmas máis espazadamente, con menos forza, con menos vehemencia, pero na presidencia, á vista de todo o mundo!

O director da fábrica de papel do lugar, un home forte e independente, de pé na presidencia, era consciente da falsidade daquela situación sen saída, e con todo aplaudía! Xa ían nove minutos! Dez! Mirou con desesperanza ao secretario do Comité Rexional, pero este non se atrevía a parar. Unha tolemia! Unha tolemia colectiva! Mirándose uns a outros cun indicio de esperanza, pero finxindo éxtase nas súas caras, os xefes do distrito aplaudirían ata esborrallarse, ata que os sacasen en padiola! E ata entón, os que quedasen non vacilarían!

E no minuto once, o director da fábrica de papel adoptou un aire dilixente e deixouse caer no seu asento da presidencia. E produciuse o milagre!, onde fora a parar aquel entusiasmo incontido e inenarrable? Todos deixaron de aplaudir á vez e sentaron. Estaban salvados! O esquío fixo para saír da roda!

Con todo, así é como se poñen en evidencia os homes independentes. Deste xeito elimínanos.

Aquela mesma noite o director da fábrica foi arrestado. Cargáronlle facilmente dez anos por outro motivo. Pero logo de asinar a “206” (o acta final do sumario), o xuíz de instrución recordoulle:

- E nunca sexa o primeiro en deixar de aplaudir!


Alexandr Solzhenitsin, Arquipélago Gulag

sábado, maio 05, 2012

Cousas de risa que a xente pon en internet mentres deberan estar traballando.


Contratei un xardineiro con rastas para que me regge.

Fumo tanto, que a maquina de tabaco xa me tutea.

O outro día no meu traballo entrou Sara Carbonero. Non me jodas!!! Tes traballo?

O Goberno réstalle importancia a suba do IVE. Solo afectará aos que merquen cousas e vos o ano que ven non ides poder mercar cousas; así que, que mais ten...

Vou crear unha empresa de cobradores do Frac disfrazados de osos; chamareina Os Osos a Morosos.

Os que traballan nun acuario, que teñen de salvapantallas? Mobles de oficiña?

O libro que mais fixo que reflexionara foi o de familia.

Crecín nun dos barrios de maior índice de delincuencia de miña cidade, cando menos tiña dez bancos e caixas de aforros.

Sarkocy propón someter a un exame de francés aos que queiran entrar en Francia. Berlusconi ofrecese como examinador.

Sra. Fátima Bañez, é complicado levar o seu ministerio? Nadiña; non da traballo.

Teño Playmobils co pelo mais solto que Cristiano Ronaldo.

O ano que ven seremos nós os que chamaremos aos ecuatorianos intentando convencerlles de que cambien de compañía de telefonía móbil.

A enerxía nin se destrúe, expropiase.

Xa vai sendo hora de que monten Eurovegas, a este paso remato a carreira e non teño onde meterme a traballar de striper.

Gústanme tanto as maquinas come cartos, que cando vou a froitería pido unha piña e dous avances.

Ceo, estivestes xogando ao paintball? Non é o meu xersei de Desigual.

Os pais de Gasol ían un día polo monte, puxéronse cariñosos e decidiron facer un alto no camiño.

sábado, abril 21, 2012

"Racionalización" da educación.


Invento absurdo dos xaponeses

Menú totalmente comestible : Ten 96 calorías, sabe como a comida de verdade, e costa 2,40€ ao cambio. O problema? Sólo podreralo atopar no Xapón.



terça-feira, dezembro 14, 2010

Into my prebe! (Tres conselleiros en visita oficial)

Ilda Ferradal / Revista Irimia nº 821

Fabuloso. Un espectáculo fabuloso. Tres conselleiros veñen inaugurar bocatas de atún ao recreo. Galegos coma nós! Días antes pintan á velocidade da luz a fachada do centro que estaba inestable, ou sexa, caía a cachos. Faise con pistola para darlle unha cor e que diga bonita nas fotos.

O ex alumno que a pinta exclama “a ver se dura un ano… É que con pistola sae aparente na TVG, aínda que durar, he he he, non dura”. A parte de atrás do centro segue sen pintar e eu lembro a Berlanga. Unha empresa limpa todos os cristais a véspera. Cólganse bandeiras xigantescas de mastros podres (de feito as bandeiras arrastraban polo chan), pero, á fin, chegha o gran día….

Os conselleiros, sinxelos e bondadosos, reparten bocatas de atún encargados a unha empresa de cátering. Iso é eficiencia, por suposto, non a das cociñeiras do centro que fan os bocatas todos os días. Os pais da patria son admirados por un discreto séquito composto polo alcalde, o superdelegado, os caciques locais e o cadro de persoal contratado do concello,animado a asistir. Logo, os tres servidores públicos, cun sorriso nos beizos, reparten pan e túnidos en lata.

Algúns amargados permanecemos na sala de profes. Xa se sabe como somos: cans envexosos. Os bocatas só chegaban para a metade do alumnado e, por suposto, non estaban previstos para ningún docente. Así pois, eu víame presto para manducar unha deliciosa mandarina, que foi o que comemos os alumnos e profes de secundaria, cando pola porta da sala chegan ELES. Velaí os tres conselleiros, incluído Jesús Vázquez, Ilmo. de Educación. Reparten apertóns de mans e bicos a esgalla. Eu ollo a mandarina e o conselleiro a miña palestina. Faino como recriminando esa prenda, imbuído, sen dúbida, polo novo espírito laico do goberno galego, xurdido de golpe na recente visita papal.

Entre o balbordo e as reverencias que agroman na nosa minúscula sala de profesores, o director presenta a lectora de Inglés, unha rapaza de N. Y. Ante isto, o Ilmo. Conselleiro, con pasmosa fluidez e graza, berra en alta voz: Where are you from? (Texto indicativo de que el é o mellor exemplo do trilingüismo que preconiza). Segue esta frase coa deliciosa expresión: I love your city!, que traduce inmediatamente para os non letrados.

Hei dicir que naquel intre, froito sen dúbida dunha educación deficiente e dun carácter corrompido polo nacionalismo, eu murmuro: vaia por Dios! Mentres sinto que os superpoderosos ollos do conselleiro me traspasan.

En fin, logo deunos a man Rosa Quintana, non a presentadora, claro, e aí quedaron, quince minutos, os conselleiros, o alcalde, o superdelegado e o séquito de xornalistas na nosa sala de profes adornada con pasquíns da CIG que falaban de folgas e de ensino público de calidade. Mentres tanto, eu ollaba a mandarina. Cando tocou a alarma, os membros de tan eficiente Goberno despedíronse con moitos bicos e apertas de mans, aos que o Ilmo. Conselleiro engadiu en alto: see you later!, chiscando o ollo á nosa lectora, polo que eu deduzo que a tal frase debe querer dicir: sofro unha discapacidade! (ou algo así).

Hei de engadir que, ao saíren todos e todas, alguén, nervioso, entrou de novo na sala. Era a señora Farjas, que comezaba de novo a apertar mans e exclamaba cómplice: Ya sabéis, lu que necesitéis di la Cunsellería de Sanidazz!

E eu, por fin, devorei a mandarina!

segunda-feira, novembro 22, 2010

Galiza tamén se fixo ouvir na manifestación contra a OTAN deste 20-N en Lisboa

O cumio da OTAN non só reuniu aos dirixetes dos Estados integrados nesta organización militar, senón que ducias de milleiros de persoas participaron onte nunha mobilización que percorreu as rúas de Lisboa en defensa da paz e contra o brazo armado do capitalismo, que comezou as 15:30 na Praza do Marquês do Pombal.

Entre os manifestantes contáronse medio cento de galegos, que organizaron unha comitiva co lema “Galiza pola paz e contra o imperialismo” e trasladaron unha mensaxe solidaria e internacionalista ao pobo portugués.

p1220333.JPG

A comitiva galega integrouse no bloque do Porto, que partía en quinto lugar na manifestación A continuación situáronse as delegacións comarcais de todo Portugal da plataforma “Paz Sim NATO Não” (nome que se convertiu na principal palabra de orde). Participaron da marcha organizacións de defensa da paz, políticas, sindicais, sociais, de xubilados, internacionalistas e moitas outras, e salientou a masiva presenza de bandeiras do PCP.

O movemento social convocante da mobilización insistiu nos discursos finais na denuncia das ofensivas xenocidas do imperialismo (como no caso de Iraque e Afganistán) e chamaron ao Estado portugués, fundador da OTAN nos anos negros do fascismo, a desvincularse desta estrutura e a eliminar as bases do seu territorio, para propiciar así a súa disolución definitiva.

p1220489.JPG

Outra das liñas argumentais clave de “Paz Sim NATO Não”, exposta na resolución final, é o rexeitamento da violación da Constitución da República Portuguesa (emanada da Revolução de Abril) que afirma a independencia do país, o carácter defensivo das súas forzas armadas e o compromiso na resolución pacífica dos conflitos, premisas abertamente incompatibles coa pertenza a esta organización “macroterrorista”, como rezaban algunhas pancartas.

p1220343.JPG

Finalmente, os convocantes apelaron ao conxunto de organizacións e militantes a alargar o compromiso na loita pola paz máis alá desta protesta, vinculándoo con outras frontes de traballo. De feito, o cumio da OTAN veu coincidir cun momento político especialmente axitado en Portugal, xa que a CGTP-IN convoca unha folga xeral para este mércores, en rexeitamento ás medidas antisociais que ten implantado o goberno portugués, na liña de todos os gobernos europeos dominados polo neoliberalismo hexemónico. O movemento portugués pola paz asumiu como propias as demandas da clase traballadora e animou os participantes a secundar masivamente o paro.

p1220502.JPG

Por último, hai que sinalar que a expedición galega tamén padeceu as estritas medidas de seguridade impostas arredor do cumio, en particular a suspensión do Espazo Schengen. O autobús foi detido na fronteira e todos os participantes tiveron que identificarse diante da Guardia Nacional Republicana. A posibilidade de ser obrigados a retornar estivo perto de se concretar, mais finalmente evitouse, en grande medida grazas á coordinación coa Plataforma convocante, que cooperou por medio dos seus representantes desde a mesma fronteira. De Isca! e do MGS reiteramos ao movimento portugués pola paz o noso apoio, respecto e agradecementos.

ISCA

domingo, novembro 07, 2010

A Selección tributará en Sudáfrica as primas do Mundial para aforrarse impostos


A selección española de fútbol fixo historia o pasado 11 de xullo conquistando o Mundial. Os xogadores, os homes de Do Bosque, recibiron dous premios polo histórico logro. Por unha parte, o sentimental, o do recoñecemento popular, con millóns de persoas nas rúas vivindo os partidos e celebrando os seus triunfos como antes nunca acontecera. A segunda recompensa é o material, a económica.

Cada internacional español sabía que o triunfo na Copa do Mundo reportaríalle 600.000 euros, tal e como pactaron antes do inicio do Mundial. Ese pagamento aínda non se fixo efectivo, xa que os dirixentes da Federación e os xogadores estudaron diversas alternativas na maneira e a forma do pagamento. Os internacionais españois acolléronse á posibilidade que hai no réxime fiscal de tributar en Sudáfrica e non facelo en España.

O convenio de dobre imposición que existe entre os dous países data de febreiro de 2008, ampara a decisión e dáa un marco legal. Ao ser o premio por un traballo feito fóra do territorio español, a lei contempla a posibilidade de tributar no país en onde lévase a cabo o desempeño profesional. A diferenza é importante, xa que ao cotizar no país de Mandela, a retención do premio quédase no 21% polo 43% que terían que tributar en España, o que suporá un aforro de 132.000 euros para cada xogador.

Xa esquivou ao Fisco na Eurocopa de 2008

Na pasada Eurocopa, os internacionais españois tamén se acolleron a esta posibilidade. Neste caso o premio recibírono 'vía Austria', xa que non hai que esquecer que a 'Vermella' disputou todos os partidos en territorio austríaco. Ao ser un país da Unión Europea, tamén puideron acollerse a non obrigatoriedade de declarar en España.

Outra cousa diferente fose se a selección entón dirixida por Luis Aragonés xogase algún partido en Suíza, xa que o devandito convenio de dobre imposición estaba en tramitación co país helvético nesas datas. Tanto pola prima recibida fai dous anos, como pola do pasado mes de xullo, a figura dos comités organizadores de Eurocopa e Mundial e os premios que reparte a todas as seleccións que participan, foron clave para que a Federación poida facer efectivo o pagamento no país da celebración dos eventos.

Chegado o caso, se os xogadores tivesen que declarar ese ingreso en España, o tributo pago en Sudáfrica descontaríase do 43% que esixe a facenda española. Durante as negociacións establecidas entre xogadores e dirixentes federativos, deixouse aberta a porta á posibilidade de que o ingreso desa cantidade fixésese efectivo a partir do 1 de xaneiro de 2011, a conveniencia dos internacionais e co fin de que axustasen os seus exercicios fiscais. Hai que lembrar que a partir da citada data, a retención das rendas de máis de 175.000 euros pasa do 43% actual, ao 45%.

Á marxe dos 600.000 euros de premio que xogadores e Federación subscribiron antes do inicio do Mundial, tamén falaron da posibilidade de que a federación fixese uns agasallo aos xogadores. Pois ben, o citado obsequio é un reloxo - nada ten que ver co da iberdrola que conseguiu sacar Sergio Ramos a Galán - que recibirán os xogadores na próxima convocatoria. O valor do reloxo está nos 18.000 euros. Noutras ocasións, o agasallo foi un Quad, un ordenador ou unha televisión.

El Confidencial

quinta-feira, julho 22, 2010

Rolda de prensa de presentación de F.O.GA. na Galería Sargadelos

Rolda de prensa o martes 20 de xullo as 12 na Galería Sargadelos (Rúa Urzáiz, Vigo) para dar a coñecer unha nova organización política do movemento nacionalista: a Fronte Obreira Galega (FOGa)

Participaron nesta comparecencia diante dos medios de comunicación:
Francisco Xavier González Sío, Xavier Prieto Torre, Xose Carlos De La Fuente Estevez e Amelia Vila Vila membros da xunta xestora e voceiros da Fronte Obreira Galega.

O martes 20 de xullo realizou a súa primeira presentación e intervención pública a Fronte Obreira Galega, que é un partido de traballadores e traballadoras vinculados e militantes do Movemento Nacionalista Galego, é da súa corrente obreirista, integrantes na súa maioría do sindicalismo Nacionalista, da CIG.
Desde a FOG, salientan que acreditan “noutro modelo de sociedade, máis xusta e igualitaria, fundamentada nos principios e nas bases da participación, pluralismo e asemblearismo, cun referente único e claro: a defensa da clase traballadora”.
A Fronte Obreira Galega, como colectivo de mulleres e homes, tenta abrir un espazo de debate dende a esquerda, fomentando a participación das bases nos diferentes ámbitos asociativos, “sen sectarismos nin dirixismos, pretendendo facer das asembleas órganos de decisión e debate. Soamente na comunicación e na discusión, seremos quen de xerar e crear apartacións, ilusión e traballo para cambiar o sistema”.
“O ataque continuo ao “Estado de Benestar”, que coas novas reformas laborais que intentan impoñer, faise inviable, máis non porque a cidadanía aspire a manter unhas condicións de vida aceptables e a melloralas , senón porqué a minoría hexemónica só pode nadar na superabundancia a costa do empobrecemento da maioría. Por iso entendemos que o socialismo é a única alternativa aceptable para as clases traballadoras”, rematan neste comunicado de presentación, sobre o que se estenderán na cita cos medios o próximo martes, onde darán a coñecer cales van ser os seus eixos de traballo e próximas convocatorias.
Vigo, 19 de xullo de 2010
Correo de contacto

Mais información:
E mais:

Compostela 25 de Xullo

F.O.GA.

Como xa sabedes a maioria ó dia da Patria Galega quedamos as 12:00 no palco da alameda.


25 de Xullo do 2010
DIA DA PATRIA


A Fronte Obreira é un colectivo de traballadores e traballadoras demócratas vencellados e militantes o movemento nacionalista galego e a súa corrente obreirista. Procedemos de diversos eidos políticos, sindicais, culturais, etc. e creemos nunha sociedade diferente, igualitaria e xusta, fundamentada nos principios e bases da participación, o pluralismo e o asemblearismo, cun referente único e claro a defensa das clases traballadoras.

Entendemos que hoxe, dentro das organizacións ideoloxicamente organizadas cara a liberación nacional de Galiza, e no cambio do sistema que esmaga e afoga as clases traballadoras, conviven unhas correntes hexemónicas que están a repartirse o poder. Estas levan deixando de lado os movementos sociais, ás clases traballadoras, os colectivos ecoloxistas, ou calquera tipo de expresión democrática que empregue a cidadanía para expresarse e que conforman tradicionalmente e forman o seu corpo militante nestas organizacións, sempre que as reivindicacións de estes colectivos non teña uns réditos persoais para a xente que conforma estas organizacións.

As correntes oficiais, dominantes tanto dentro do partido hexemónico no nacionalismo galego (BNG), como no sindicalismo nacionalista (CIG) están supeditadas a grupos que se erguen como portadores das verdades absolutas, que non traballan na consecución dos fins para os cales se fundaron inicialmente , nomeadamente a liberación da nazón galega e do proletariado galego e por ende, do planeta do xugo do sistema capitalista como sistema, que neste intre actual de crise mostrase se cabe máis caduco que nunca levando a sociedade cara a destrución.

Fomentando a participación das bases nos diferentes ámbitos asociativos; sen sectarismos nin dirixismos; facendo das asembleas non órganos de información nin adoutrinamento, senón Órganos de decisión e debate,. Sómente na comunicación e na discusión seremos quen de crear e xerar aportacións e ilusións para trocar un sistema que devora ós seres humanos, nun sistema onde homes e mulleres compartan o traballo, a ilusión e o futuro, tanto para as xeracións presentes, como para os futuros herdeiros da terra, a quen debemos deixar un legado libre de hipotecas, tanto ambientais como económicas.

Nacemos para recuperar a lexitimidade do único e verdadeiro valor: o das persoas que militan dentro das institucións e contra o apoltronamento carguista, que ignora as necesidades e potencialidades dos homes e mulleres militantes no nacionalismo galego, obreiro e de esquerdas.

Os nosos plantexamentos implican necesariamente a pescuda de solucións novedosas e innovadoras que nos permitan avanzar facendo que sexa a cidadanía a que marque o camiño a coller e ser referente para está dende unha clara visión obreirista, e debemos ter en conta que posiblemente as organizacións clásicas estruturadas en modelos do pasado século non sexan válidas, nin ás que a sociedade actual precise.

Aspiramos a organizarnos nunha estrutura de masas que actúe sobre a sociedade e movementos consolidados condicionando os puntos de vista políticos, ideolóxicos e económicos.

Por iso, dende agora, ata sempre, traballa con nos, polo socialismo real, sen dirixismos.